![Imaxe de arquivo do polígono de Bértoa, en Carballo]()
Imaxe de arquivo do polígono de Bértoa, en Carballo
Se primeiro eran os nacionalistas da Costa da Morte os que
criticaban os Orzamentos da Xunta para o ano 2016 aprobados esta semana, agora é o BNG de Carballo, liderado por Evencio Ferrero, quen di que goberno de Feijóo "volve a demostrar a súa falta absoluta de compromiso con Carballo e cos habitantes do principal núcleo de poboación de toda a Costa da Morte".
Segundo indican os nacionalistas carballeses nunha nota de prensa, nos Orzamentos para o 2016 da Xunta non figura ningún investimento directo nin ningún dos proxectos pendentes dende hai anos, coma a
circunvalación ou a
urbanización dos tramos da travesía da AC-552 que se corresponden coas avenidas de Bértoa e Fisterra, ou que mesmo chegaron a ter consignación orzamentaria e "foron retirados polo partido Popular", coma o abastecemento de auga á zona de Baldaio.
"A única referencia expresa a Carballo nos Orzamentos de investimentos para o 2016 correspóndese con
78.998,28 euros que consigna Xestur para o
polígono industrial. Mentres, a Xunta prevé recadar 2.132.901,84 euros o ano que vén pola
venda de parcelas nese mesmo polígono, que, segundo se desprende da memoria da empresa pública, será o que acade maior desenvolvemento de toda Galicia", indican o BNG de Carballo.
Ante estes feitos, o alcalde Evencio Ferrero critica que “a Xunta fai caixa con Carballo”. Mais aló dos investimentos obrigados na
Unidade Asistencial de Drogodependencias, que presta servizo a usuarios e usuarias de toda a Costa da Morte, ou no p
lan de Transporte Metropolitano, a administración galega recadará dous millóns pola venda de parcelas no polígono de Bértoa dos que non recibiremos nin a “lexítima”, denuncia o rexedor nacionalista.
Fonte
- Redacción QPC (info@quepasanacosta.gal)
- BNG Carballo
Novas relacionadas