Domingo. 28.04.2024
El tiempo

A exposición de Correa Corredoira no Espiral Maior Foro ficará aberta todo o mes de febreiro

Espiral Foro Carballo expo Correa Corredoira
A exposición de Correa Corredoira no Espiral Maior Foro ficará aberta todo o mes de febreiro

Dado o interese producido arredor da exposición pictórica de Correa Corredoira titulada “Francisco Miguel, o abismo do heroe”, inaugurada o 30 de novembro do pasado ano na Galería de Arte de Espiral Maior Foro en Carballo (Rúa do Sol, 34), e que tiña fixada como data de clausura o 30 de xaneiro de 2024, amplíase a todo o mes de febreiro o tempo de visita da mesma, que será finalmente clausurada cun acto literario en homenaxe ao gran pintor vangardista coruñés asasinado en Bértoa en 1936.

A exposición carballesa de Correa Corredoira tivo máis de 600 visitantes, procedentes de Bergantiños, de toda a provincia da Coruña e de diferentes partes de Galicia, salientando especialmente a visita guiada organizada pola Asociación Cultural Lumieira de Carballo e dirixida polo propio pintor.

En horario de 11 a 14 horas, polas mañás, e de 17 a 20 h., polas tardes, a exposición permanecerá aberta ao público.

Comentarios