Luns. 29.04.2024
El tiempo

Marea de actividades en Espiral Maior Foro

Miguel Anxo Fernan Vello e Correa Corredoira na inauguracion da expo
Miguel Anxo Fernán Vello e Correa Corredoira na inauguración da expo o pasado 3 de decembro
Marea de actividades en Espiral Maior Foro

Non para a Galería de Arte de Espiral Maior Foro (Rúa do Sol, 34). O espazo de Miguel Anxo Fernán Vello afronta o mes de Nadal con innumerables actividades.

Este mesmo mércores 13 de decembro, terá lugar, en colaboración coa Asociación Cultural Lumieira, unha “visita guiada” á exposición do pintor coruñés Correa Corredoira titulada “Francisco Miguel, o abismo do heroe”, unha homenaxe ao artista coruñés asasinado en 1936 en Bértoa (Carballo). A visita contará tamén coa presenza do escritor, crítico de arte e comisario de exposicións Ángel Cerviño.

TARXETA Carmiña Sierra. Aurora Marco

O xoves, día 14 de decembro, tamén ás 19:30 h., presentarase o libro “Carmiña Sierra. A primeira muller do Seminario de Estudos Galegos”, da profesora e investigadora Aurora Marco, e participarán no acto, ademais da autora, a mestra e escritora Olga Rodríguez, o filólogo e escritor Fernando Cabeza Quiles e o escritor Miguel Anxo Fernán Vello.

O venres, día 15 de decembro, ás 19:30 h., terá lugar a presentación da novela O que me quedaba por dicirche”, do escritor e xornalista (presentador dos telexornais da TVG) Alberto Mancebo (Vimianzo, 1983).
Ademais do autor estarán presentes a mestra e filóloga Lucinda Andrade Cives, o profesor do IES Urbano Lugrís de Malpica Xosé Luís Castro González e o escritor e director de Espiral Maior Foro Miguel Anxo Fernán Vello.

O-QUE-ME-QUEDABA-POR-DICIRCHE.-Alberto-Mancebo

E xa o sábado, 16 de decembro, celebrarase unha nova sesión do Clube de Lectura de Espiral Maior Foro, nesta ocasión arredor da novela de Carlos Casares “Deus sentado nun sillón azul”.

Comentarios