Mércores. 11.09.2024
El tiempo

Falece un traballador ao caer nunha zanxa en Rus-Carballo

Falece un traballador ao caer nunha zanxa en Rus-Carballo
Un traballador faleceu este mediodía nun accidente laboral que tivo lugar sobre as 13:35 horas en Outón, na parroquia carballesa de Rus. Segundo informan os equipos de emerxencias do 112, Javier C.C. - de 37 anos de idade - caeu nunha zanxa cando se atopaba realizando traballos nunha finca. Mobilizouse un helicóptero medicalizado con base en Santiago que tivo que anularse. Ata o lugar do suceso acudiron efectivos de Protección Civil de Carballo, Garda Civil e persoal sanitario do centro de saúde de Carballo.   Novas relacionadas Fonte  

Comentarios