Un falecido tras un accidente en Rus

23:17 04/12/20
Un mozo carballés perdía a vida esta chuviosa noite de venres tras sufrir un accidente en Rus, na estrada DP-1914 que une Carballo e Santiago.
Pasadas as 20:00h, mentres circulaba pola recta de Rus, saíase ata colisionar cun vehículo que estaba aparcado, e un bloque de formigón fronte a gasolinera Valcarce. O vehículo quedaba envorcado lateralmente sobre a parte do condutor, quequedaba atrapado.
Ao lugar chegaba os sanitarios do 061, a Garda Civil, Protección Civil, Policía Local e os Bombeiros de Carballo, que tiveron que excarcerar o mozo, e trasladalo á ambulacia. Pouco tempo despois os sanitarios informaron do
falecemento da persoa excarcelada.