Xoves. 25.04.2024
El tiempo

A Feira de Oportunidades sacará unha vintena de comercios de Carballo á rúa

feira_oportunidades Carballo 2022
A Feira de Oportunidades sacará unha vintena de comercios de Carballo á rúa

Devolvendo o protagonismo ao comerco local, serán unha vintena os establecementos que participarán do 26 ao 28 deste mes na primeira Feira de Oportunidades impulsada dende a Deputación da Coruña.

A Feira de Oportunidades celebrarase na rúa Jacinto Amigo Lera. Será inaugurada o venres ás 17.00 horas e nesta primeira xornada estará aberta ata as 21.00. Durante a fin de semana o horario será de mañá e tarde: sábado, de 10.00 a 14.30 e de 17.00 a 21.00, e domingo, de 10.00 a 14.30 e de 17.00 a 20.00. Os descontos poden acadar ata o 80%, polo que este evento convértese nunha excelente oportunidade para todo o público. 

Os establecementos participantes, seleccionados polo propio CCA entre os seus asociados: Poppy, Zapatillería Isabel, Necos, Zocas, regalosyregalitos.com, Calzados Susa, Mímate, A fragua, Akira, Style, holaMOBI, Miriñaque, La casita de Lu, O barco dos soños, Atelier, Mmmm! Xeados, Ferretería Ángel Arán, Cris Zapatería Infantil. Cada un deles contará coa súa propia carpa, e o resto do espazo estará ocupado polos probadores. 

Comentarios