Xoves. 28.03.2024
El tiempo

FIOT: A programación de Sala abre o telón nunha fin de semana abarrotada de cultura

Pase Medida x medida PT Excentricas
Medida x medida estrea a programación de sala do FIOT
FIOT: A programación de Sala abre o telón nunha fin de semana abarrotada de cultura

Nova fin de semana inmersos no programa cultural máis importante do ano na Costa da Morte. O Festival Internacional de Outono de Teatro de Carballo, o FIOT, chega cargado de accións para esta primeira fin de semana de outubro, na que comezarán as xornadas gastro-culturais Dalle un bocado ao FIOT.

Medida x Medida no Programa FIOT 2019

A estrea absoluta de Medida x medida, unha coprodución de Producións Teatrais Excéntricas e o propio FIOT, acapara todas as miradas. Serve para abrira ambiciosa programación de Sala, e a obra de Shakespeare dirixida por Quico Cadaval representarase por partida doble, o venres e o sábado no pazo da Cultura.

Co inicio do Programa de Sala, que se estenderá até o 1 de novembro, dá comezo tamén outra das propostas habituais do FIOT, como é a votación do Premio do Público Outono de Teatro 2019, sistema mediante o cal as e os asistentes achegan a súa opinión sobre os distintos espectáculos que se representan no Pazo da Cultura.

Outra das estreas é a que terán lugar este domingo é o innovador espectáculo Control Freak, do artista multidisciplinar Kulu Orr, no marco a sección OTNI (Obxecto Teatral non Identificado). O israleí presentará por primeira vez en Galicia unha proposta rompe as fronteiras artísticas misturando humor intelixente, música ao vivo, artes circenses e tecnoloxía punteira sobre o escenario.

Kullu Orr no Programa FIOT 2019

Homenaxe a Celso Parada


O venres, 4 de outubro, terá lugar a inauguración da exposición 30 anos de Teatro de Morcego, unha mostra coa que o Festival Internacional Outono de Teatro pretende render homenaxe a quen foi un dos fundadores desta senlleira compañía galega: o director, actor, e produtor Celso Parada, recentemente finado.
A exposición, que se poderá visitar desde mañá e até o vindeiro 1 de novembro, percorre tres décadas do traballo de Teatro do Morcego a través de pezas históricas do vestiario.

Na serie de actividades paralelas tamén comeza o Escola do espectador, unha proposta que pretende achegar o feito teatral ao público dun xeito próximo e sinxelo. A actividade, coordinada polo xornalista Camilo Franco, vincularase nesta edición directamente ás #MIRADASFIOT.

Risas na Rúa dos Contos, no Teatro de Rúa e nas Sesións do Mercado

Sincronacidas e Jean Phillipe Kikolas no Programa FIOT 2019

Ademais non faltará a nova doble sesión de Teatro de Rúa o venres ás 20:00h na Praza do Concello coas OhLimpiadas de Sincronacidas e o sábado, ás 19:30h co clown Jean Phillipe Kikolas.

E tamén as Sesión no Mercado, enchen a segunda pranta de risas con Rodrigo Cuevas, o sábado ás 23:00h.

Rua dos Contos no Programa FIOT 2019 1

NOVAS RELACIONADAS

Comentarios