martes. 07.10.2025
El tiempo

O Fórum Carballo abre o prazo para dous completos cursos de soldadura e instalacións electrotécnicas

SOLDADURA FORUM 2022-5 simulador-Carballo
Simulador de soldadura no Forum Carballo
O Fórum Carballo abre o prazo para dous completos cursos de soldadura e instalacións electrotécnicas

Fórum Carballo acollerá nos próximos meses dúas novas accións formativas pertencentes ao Plan Formativo para o emprego da Comunidade Autónoma de Galicia (persoas traballadoras desempregadas), nas que poderás formarte en dous sectores con moita demanda laboral: soldadura mig/mag e montaxe de instalacións electrotécnicas e de telecomunicacións en edificios.

SOLDADURA POR ARCO BAIXO GAS PROTECTOR CON ELECTRODO CONSUMIBLE, SOLDEO "MIG/MAG" (código curso: FMEC0119_2. Nivel II): 

  • Data prevista de inicio: 01/12/2025
  • Data prevista finalización: 13/05/2026
  • Horario: Luns a venres de 15.30 a 20.30 h no Fórum Carballo
  • Horas de formación: 568, incluídas as prácticas profesionais non laborais en empresas

Requisitos de acceso: 

  • ESO ou equivalente
  • Certificado de profesionalidade de nivel II
  • Certificado de profesional de nivel I da mesma familia profesional
  • Competencias clave de nivel II
  • Ter superado un curso de formación específico preparatorio para o acceso a ciclos de grado medio
  • Superar unha proba de acceso a ciclos formativos de grado medio
  • Título de Formación Profesional Básica
  • Ter superada a proba de acceso á universidade para maiores de 25 anos e/ou de 45 anos

 

OPERACIÓNS AUXILIARES DE MONTAXE DE INSTALACIÓNS ELECTROTÉCNICAS E DE TELECOMUNICACIÓNS EN EDIFICIOS  (código curso: ELES0208. Nivel I): 

  • Data prevista inicio: 01/12/2025
  • Data prevista finalización: 14/04/2025
  • Horario: Luns a venres de 9.00 a 14.00 h no Fórum Carballo
  • Horas de formación: 458, incluídas as prácticas profesionais non laborais en empresas.
  • Requisitos de acceso: ningún

Inscrición

Solicitudes: na OFICINA VIRTUAL do Servizo Público de Emprego de Galicia ou acudindo na oficina de emprego

Comentarios