A gran acollida dos encontros literarios da Clarión

Rober Cagiao, Pedro Feijoo e Rodrigo Costoya na Libraria Clarion

 

Despois do encontro virtual con Ledicia Costas, a comunidade creada arredor dos libros da Clarión Libraría tiña gañas dun evento presencial. E menudo éxito de convocatoria tivo o encontro con grandes da literatura galega contemporánea do pasado venres. Máis de medio centenar de persoas encheron o céntrico espazo carballés para escoitar unha conversa interesantísima entre Pedro Feijoo, Rodrigo Costoya e Rober Cagiao.

Tocoulle a Cagiao, xa figura da casa, facer de moderador lanzando preguntas e trasladando as peticións das xentes chegadas da comarca (non fallaron os membros do clube de lectura presencial e do clube de lectura online da libraría), pero tamén de Ordes, Lugo, Fonsagrada, Santiago de Compostela, A Coruña, Ames, Fene, Xixón...

O evento misturou literatura, humor e emoción a partes iguais.

Máis novas