"Falade miniñas, falade galego", a nova campaña normalizadora do IES de Ponteceso
- O alumnado do IES Eduardo Pondal promove o uso do galego a través da lectura de contos aos máis cativos de Ponteceso

O vindeiro venres 21 de febreiro, coincidindo co Día Internacional da Lingua Materna, as Equipas de Normalización Lingüística coa colaboración do Concello de Ponteceso e a Fundación Eduardo Pondal, organizan unha actividade especial para promover o uso do galego entre os máis cativos da contorna. O alumnado do IES Eduardo Pondal visitará diferentes centros educativos para ler contos aos nenos e nenas do CRA de Ponteceso ás 10.30 horas, A Galiña Azul ás 10.30 horas, o CEIP Eduardo Pondal ás 12.15 horas e o CEIP As Forcadas ás 12.30 horas.
Baixo o lema do poema de Eduardo Pondal "Falade miniñas, falade galego", esta iniciativa busca fomentar o uso e respecto pola lingua galega dende a infancia, transmitindo o valor do idioma a través da narración oral e a interacción co alumnado máis novo.