xoves. 16.04.2026
El tiempo

O Gran Camiño revolucionou Carballo

O Gran Camino ao seu paso por Carballo
O Gran Camiñlo ao seu paso polo centro de Carballo
O Gran Camiño revolucionou Carballo

Tras comezar coa contrarreloxo da Coruña e atravesar a provincia de Lugo, O Gran Camiño pasou hoxe pola nosa comarca. Marea de atención esta mañá de xoves para o paso do pelotón e toda a enorme caravana que move esta a gran proba ciclista galega, xa retransmitida mesmo por Eurosport para medio planeta.

Porque comple lembrar que falamos dunha competición que reúne equipos profesionais de primeiro nivel procedentes de España, Portugal, Estados Unidos, Suíza, Francia e Emiratos Árabes Unidos, que teñen nas súas filas aos mellores ciclistas do mundo.

Autoridades no Gran Camino en Carballo
As Autoridades no Gran Camiño en Carballo

A caravana partía dende o corazón de Carballo para afrontar un esixente trazado de 173 quilómetros e un desnivel positivo acumulado de 2.453 metros. Tras abandonar o casco urbano cunha gran expectación a pesar do horario, o pelotón dirixiuse cara ao Alto do Campelo (3ª categoría), e atravesará concellos como Coristanco, Santa Comba, Noia, O Porto do Son e Ribeira. O tramo final estará marcado pola dureza do Pico Muralla (2ª categoría) e o Alto de Formarís, antes de disputar a meta na histórica vila de Padrón.

O Gran Camiño en Carballo-Presentando os equipos
Presentando os equipos ante unha gran expectación

Se o gañador da segunda etapa na Mariña foi o galego Carlos Canal, hoxe na chegada a Padrón o gañador foi Iván Romeo, o asturiano campión de España, facendo unha demostración de poderío.
Queda de líder o noruego Jørgen Nordhagen (TVL), cun segundo de vantaxe sobre Alessandro Pinarello (NSN, 7 sobre Nelson Oliveira (MOV) ; 13 sobre Adam Yates, 15 sobre Abel Balderstone (CJR) e 26 sobre o propio Romeo (MOV).

Toca seguir pendente para ver as dúas últimas etapas e ver quen é o gañador desta singular proba.

Comentarios