Os hostaleiros de Carballo recibirán entre 1.900 e 3.700€ da Xunta e 1.000 do Concello
A Xunta de Goberno Local e o pleno deste luns aprobará con probabilidade unha partida orzamentaria de 162.000€ (do remanente do exercicio anterior) para axudas directas ao sector da hostalaría. O Concello achegará 1.000 euros a cada un dos 162 establecementos que solicitaron axudas do plan de rescate da Xunta.
Foron pouco máis dun cento de Concellos os que acadaron un acordo coa Xunta para establecer o Plan de rescate á hostalería, mediante o cal a administración autonómica axudará cunha cantidade de 1.900 e 3.700 euros, e os concellos complementarán esas cantidades con outros 1.000 euros para cada establecemento.
Inventario e rúa
300 millóns de euros ten o Concello no actualizado inventario municipal de Bens, segundo sinalan no Pleno. Ademais, o Pleno abordará unha modificación no rueiro para dedicarlle unha praza a Xela Arias, autora homenaxeada este ano co Día das Letras Galegas.
Pola súa parte, TEGA espera que se aproben as súas mocións, relativas á dotación de recortsos para o Circuito de Motor de Bértoa, e unha cuestión catastral relativa a uns terreos de Razo.