Hostalería e Concello de Carballo critican a limitada reapertura

Reunión da Asociación de Hostaleria de Carballo no concello

 

A reapertura progresiva da hostalería non tranquiliza aos profesionais do sector de Carballo. A Asociación calificada de “burla” a solución da Xunta de abrir só co 50% en terraza e co peche ás 17:00h. Pero tampouco ve cos mellores ollos as axudas propostas polo goberno municipal carballés.

Onte o Concello recibía aos hostaleiros e lle trasladaba as principais medidas que están tomando: non se vai cobrar a taxa de terrazas de 2020 nin do 2021; non se vai cobrar o lixo de 2021 e vaise devolver case todo o de 2020. ”Pouca cousa” para os membros da Asociación de Hostalaría.

Os reponsables municipais compartiron que “non se entenden” as medidas aplicadas pola Xunta (o peche perimetral coa Laracha ademais do horario restrinxido), que, en palabras do alcalde, supoñen “unha decisión fatal para a hostalaría pero tamén para o comercio”, xa que non poderán comprar en Carballo os veciños de ningún concello da volta agás o da Laracha.

O Concello lembrou ademais as outras liñas de axda, como a tarxeta Sempre Carballo ou o programa PEL Reactiva, onde se presentaron 641 solicitudes, o Concello que máis peticións rexistrou da provincia.

Máis novas do COVID