Martes. 19.03.2024
El tiempo

Case 1 de cada 4 empresas solicitou as axudas PEL-Reactiva da Deputación

Axudas do PEL-Reactiva da Deputacion na Costa d Morte
Case 1 de cada 4 empresas solicitou as axudas PEL-Reactiva da Deputación

Fai balance hoxe a Deputació da Coruña da incidencia da súa liña de axudas PEL-Reactiva, lanzada para axudar ás microempresas e autónom@s a saír da crise económica xerada pola pandemia en concellos de menos de 50.000 habitantes da provincia.. Unhas cifras moi claras, que demostra que son unhas axudas tremendamente necesarias e demadadadas, tendo en conta que case 1 de cada 4 microempresas (o 23%) da Costa da Morte as ten solicitado.

As axudas mobilizarán máis de 3 millóns de euros (2,5 de fondos provinciais e medio aportado polos Concellos) directamente ás arcas das máis de 2300 empresas que as solicitaron, dando unha media de 1.200€ por microempresa.

Comentarios