Martes. 19.03.2024
El tiempo

COVID: A Xunta anuncia o peche perimetral de Cee, Dumbría e Muxía

FB_IMG_1606554314712
COVID: A Xunta anuncia o peche perimetral de Cee, Dumbría e Muxía

Hoxe comprobábamos que Bergantiños está dobregando a curva de contaxios e como a incidencia nos centros de ensino vai baixando. Pero no sur da comarca parece que a curva aínda medra, sobre todo en Muxía.

De aí que o Conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, anunciase este mediodía o peche perimetral conxunto dos Concellos Cee, Dumbría e Muxía. O Conselleiro anunciaba que aplica o “Modelo Carballiño”, pechando tamén a hostalería nos 3 concellos a partir de mañá sábado. Ademais, os concellos, con probabilidade, terán que suspender os seus actos culturais (ou aplicar novos recortes de aforo).

Cee ten hoxe 24 casos e unha taxa de incidencia de 318 casos por cada 100.000 habitantes; Muxía ten 45 casos e unha taxa de 966; Dumbría ten 21 casos e unha taxa de 703 casos.

As restricións continúan aplicables na comarca de Bergantiños e tamén en Vimianzo.

Máis novas do COVID

Comentarios