Martes. 19.03.2024
El tiempo

COVID: Así está a situación do coronavirus na Costa da Morte

Datos incidencia coronavirus 30-11-2020
Datos da incidencia do coronavirus deste 30 de novembro de 2020 na Costa da Morte
COVID: Así está a situación do coronavirus na Costa da Morte

Facemos un novo repaso á incidencia do coronavirus na Costa da Morte. E a verdade é que en global, a tendencia é positiva. Nos últimos 4 días baixamos de 591 aos 553 novos casos nos últimos 14 días rexistrados onte, baixando ademais a taxa de incidencia media ata os 422 casos por cada 100.000 habitantes.

A baixada máis patente dase na comarca de Bergantiños, pechada dende o pasado 13 de novembro, que confirma o que anunciabamos o pasado venres, que conseguiu dobregar a curva. En 4 días descenderon de 395 a 327 os novos casos. A taxa de incidencia media sitúase en 524 casos por cada 100.000 habitantes, lonxe dos 100, a cifra arredor da cal o Comité Clínico se formula a reapertura.
En Bergantiños segue preocupando nomeadamente Coristanco, cunha taxa que duplica a media da comarca.

Pola contra, seguen á alza os concellos de Cee, Muxía e Dumbría, pechados dende o pasado venres, con estes dous últimos con taxas de incidencia moi altas. Ademais, preocupa a evolución do Concello de Mazaricos, que hoxe rexistra 30 novos casos nos últimos 14 días e unha taxa de máis de 700.

Onde segue descendendo a presión é no Hospital Virxe da Xunqueira, que ten agora só 4 ingresados.

Reapertura progresiva… en Vimianzo?

Onte, o presidente da Xunta avanzaba “boas novas” para a hostalería dalgunha das zonas confinadas. Sen facer referencia a ningún territorio, na comarca é o Concello de Vimianzo o mellor situado para recibir esas “novas”. Pechado dende o 30 de outubro, agora con 26 novos casos confirmados nos últimos 14 días e unha incidencia acumulada aínda maior a 250 casos por cada 100.000 habitantes, a alcaldesa espera á reunión que terán mañá os alcaldes/as da comarca co Conselleiro para novidades.

A reapartura da hostalería será, en calquera caso, progresiva, en fases, iniciando só ata as 17:00h, con aforo reducido (30% en terrazas e 50% en interior) e só para convivintes.

Máis novas do COVID

Comentarios