Investigado un condutor dun camión sen permiso e positivo por alcohol, cocaína, THC e anfetaminas
Realizaba Sector da Agrupación de Tráfico da Garda Civil un dispositivo de verificación na estrada AC400 ao seu paso por Tordoia. Cando quixo parar un camión, este non se detivo, continuou a marcha e a uns 400 parouse, baixando do camión e emprendendo a fuxida a pé polos terreos colindantes. Os gardas civís emprenderon un seguimiento campo a través, sendo localizado o condutor escondido entre uns matorrales.
Unha vez identificado o condutor, un veciño de Carballo, comprobouse que nunca obtivera o permiso de condución de ningún tipo de vehículo. Ao ser sometido ás probas de alcohol arroxou un resultado positivo de 0,36 mg/l e 0,35 mg/l en aire espirado. Así mesmo, deu resultado positivo en cocaína, THC e anfetaminas trala proba de drogas á que foi sometido, estando pendente de confirmación polo laboratorio de referencia.
O investigado quedou a disposición xudicial do Xulgado de Instrución número 2 de Ordes, como suposto autor dun delito contra a seguridade vial ao conducir un camión sen permiso de condución e dar positivo en alcohol e drogas.