Venres. 26.04.2024
El tiempo

Investigado por levar un ciclomotor coma se fose un patinete

O Ciclomotor non e un patinete
O vehículo investigado é un ciclomotor, non un patinete
Investigado por levar un ciclomotor coma se fose un patinete

A liña entre ciclomotor e patinete aínda é bastante disfusa. A Garda Civil lembra que na categoría de Vehículos de Movilidad Persoal, só están incluídos “os patinetes monoplaza propulsados exclusivamente por motor eléctrico que alcancen unha velocidade máxima comprendida entre os 6 e os 25 km/h e non dispoñan de sillín”.

Non era exactamente o vehículo que levaba pola DP- 1914 un carballés, polo que unha patrulla do Destacamento de Tráfico da Garda Civil da Coruña que se atopaba realizando labores de prevención da seguridade vial, parouno para identificalo. Tras verificar si as especificaciones técnicas do mesmo correspondían a un VMP ou a un ciclomotor, os axentes constataron que o patinete correspondía á categoría de ciclomotor, polo que procederon a solicitar ao condutor o correspondente permiso de condución, carecendo esta persoa do mesmo por non habelo obtido nunca.
Deste xeito, a Garda Civil procedeu á investigación do condutor, como presunto autor dun delito contra a seguridade vial.

Comentarios