Levan ao Parlamento os problemas de Correos en Bergantiños
Continúan os problemas en Correos Bergantiños. E para intentar solventalos, o BNG vén de presentar no Parlamento unha iniciativa para que o Goberno cubras as prazas vacantes en Correos, no concello de Carballo, e ofrecer un servizo de calidade á cidadanía.
Néstor Rego sinala a enorme carga de traballo e o estrés laboral que sofren as traballadoras públicas na oficina da vila. A situación actual está provocando grandes retrasos no reparto da correspondencia e existen zonas que fican pendentes de saír ao reparto 100% dos envíos.
A organización nacionalista reclama desenvolver medidas que garantan a dotación de suficiente persoal na Unidade de Carballo á maior brevidade e asegurar o cumprimento á obriga de reparto diario, solicitando a contratación urxente de nove carteiras e carteiros para cubrir as baixas existentes e poder enfrontar á campaña de Nadal de forma axeitada.