mércores. 30.04.2025
El tiempo

Máis de 125 procesos de selección abertos na Feira de emprego de Carballo

feira emprego camara carballo
Máis de 125 procesos de selección abertos na Feira de emprego de Carballo
Esta mañá de martes 25 de marzo tivo lugar en Carballo a XVII Feira de Emprego Talento Xoven da Cámara de Comercio da Coruña, na que participaron uns 150 mozos e mozas e 26 empresas que sumaban máis de 125 procesos de selección abertos.
 
No acto de inauguración participaron o alcalde de Carballo, Evencio Ferrero, e o vocal e membro do Comité Executivo da Cámara de Comercio, Diego Vázquez.
 
Diego Vázquez resaltou que “a construción e tódolos sectores en xeral demandan mozos e mozas. É importante ter en conta que nos próximos anos se van xubilar 10.000 persoas, e o relevo xeracional é fundamental. Por iso, os empresarios temos moi en conta as necesidades da mocidade, que é o que realmente buscan”.
 
Pola súa parte, Evencio Ferrero detacou a importancia do esforzo e do espírito de superación de cara a afrontar o futuro laboral “para poder estar sempre orgullosos e orgullosas do traballo escollido”.

Comentarios