Máis de 200 empresas xa están adheridas á campaña da tarxeta-bono “Sempre Carballo”
Unha das medidas máis potentes das que se están a tomar para saír da crise do covid-19, é a tarxeta-bono do Concello de Carballo. O propio recoñecía nos #DirectosQPC que a idea era fomentar a economía circular e mover máis de 1 millón de euros dentro do Concello”. Unha tarxeta que contará con 30€ para empregar nos negocios carballeses, sempre que ti a recargues con 20 máis. Unha tarxeta que vai chegar para quedar, pois o Concello considera que pode ser unha boa oportunidade para fomentar o comercio local, e que non quede só nunha acción de desescalada. Por iso lle chaman “Sempre Carballo”.
A campaña está agora aberta a todas as pemes e autónomos que tiveron que paralizar a súa actividade por mor da COVID-19. Son xa 200 as empresas adheridas (que tiveron que paralizar a actividade durante o estado de alarma e que teñen TPV no negocio), sopbre todo de comercio e hostalería, pero a intención municipal é que todas poidan participar, e invita a interesarse a ximnasios, academias de ensino, centros de ocio, escolas infantís, clínicas dentais ou de fisioterapia, inmobiliarias, salóns de peiteado…
As inscricións realizaranse a través do formulario ao que podes acceder premendo aquí. Calquera consulta ou dúbida relacionada co programa atenderase a través do correo electrónico [email protected].