Os máis 4.500 demandantes de emprego inscritos na Bolsa de Traballo de Carballo actualizan os seus datos
Se o INEM non che vai atropar traballo, proba na Bolsa de Traballo (BDT) do Concello de Carballo. A iniciativa municipal, que cumpre 8 anos, abre unha nova campaña de actualización dos datos das persoas usuarias do servizo. Un feito necesario para unha mellor inserción.
Por iso, ademais dun envío masivo de cartas, invita a [email protected] @s demandantes a pasar polo Forum a actualizar os seus datos, para teren máis posibilidades de atopar emprego. “Manter o currículum ao día tamén denota interese e profesionalidade por parte da persoa demandante de emprego ou dunha mellora laboral”, explican.
A BDT incide na súa autonomía, moi máisdirecto e eficaz, cun contacto directo coas empresas.
Así podes contactar para modificar datos, enviar novos títulos, diplomas ou informe de vida laboral a través do enderezo electrónico [email protected] ou pide cita nos teléfonos 981709010-981709011 para achegarte ata as nosas instalacións, no segundo andar do edificio administrativo do Fórum Carballo.