Venres. 04.10.2024
El tiempo

En marcha as obras do ascensor do edificio do Mercado de Carballo

Mercado Carballo
En marcha as obras do ascensor do edificio do Mercado de Carballo

Arrincaron onte as obras da segunda fase da mellora da accesibilidade do mercado de Carballo. Unhas obras para instalar un ascensor que conecte directamente o mercado e a feira. As obras teñen dous meses de prazo, tempo durante o cal a entrada e a saída do mercado realizaranse pola rúa Gran Vía.
As obras son desenvoltas por “Desarrolla” por 300.000€, cunha subvención de Agader de 50.000€ e o cargo ao remanente de 2019.

A obra completa a primeira fase de reforma do interior do edificio, intentando conseguir que entre na rede de mercados excelentes de Galicia. A día de hoxe, o Mercado Municipal ten un índice de ocupación do 50% (4 carnizarías, 6 peixarías, 1 froitería, 3 panadarías, 1 florería, 1 bar, 1 queixería e 2 tendas non alimentarias). Ademais, a Concellaría de Feiras e Mercados estase a traballar no próximo concurso de adxudicación dos postos.

Comentarios