Xoves. 25.04.2024
El tiempo

Marcos Rodríguez repite, por terceiro ano, como Fotógrafo Europeo do ano en categoría de Reportaxe

Foto de Marcos Rodriguez da Rapa das Bestas de Vimianzo-Golen Camera Europea 2019
Foto de Marcos Rodriguez da Rapa das Bestas de Vimianzo, unha das recoñecidas como Golden Camera Europea 2019 en Reportaxe
Marcos Rodríguez repite, por terceiro ano, como Fotógrafo Europeo do ano en categoría de Reportaxe

Continúa arrasando a cada certame ao que se presenta. Desta volta volveu recibir a Cámara de Ouro nos "European Photographer of the Year Awards". E xa é a terceira vez consecutiva que que leva un dos premios aos mellores fotógrafos europeos do ano foron outorgados pola FEP (Federación Europea de Fotografía).

Desta volta non puido asistir á gala de entrega celebrada en Innsbruck (Austria) e no seu nome subiu ao estrado Kseniya Labed (presidenta da Federación Rusa e amiga do fotógrafo galardonado). Esta desculpou a ausencia do carballés debido a unha enfermidade que está superando o seu fillo Pepe, a quen dedicou o premio ante a gran ovación do público asistente.

O premio outórgase pola puntuación media de tres fotografías e MR recibiu o máximo galardón por dúas imaxes tomadas en Costa de Marfil (en Abidjan e Grand Lahou) e outra tomada en Vimanzo. O traballo de Marcos transcende o ámbito local e serve de forma indirecta para promocionar Costa da Morte polo mundo, xa que moitas das súas fotografías premiadas están feitas aquí.

Esta é a terceira vez que Marcos se fai con este prestixioso recoñecemento internacional. Recibiu a Golden Camera en 2017 (Sicilia) e en 2018 (Dublín).

O carballés Marcos Rodríguez leva desde 2009 exercendo como profesional da fotografía en Cee (Costa da Morte). A cámara de Marcos foi durante estes anos testemuña do devir social e cultural da comarca. "Miradas de Marfil" é un dos seus últimos traballos, unha exposición itinerante con algunhas de fotografías froito da súa viaxe a Costa de Marfil coa ONG Égueire. A exposición estivo en salas emblemáticas de Galicia como Fonseca ou a Sala de Exposicións de Abanca en Santiago de Compostela, tamén no Colexio de Médicos da Coruña, Centro Cívico de Arteixo e máis recientemente no Pazo da Cultura de Carballo. A partir do luns 18 de marzo poderá visitarse na Casa de Cultura de Cee.

A traxectoria de Marcos Rodríguez é o resultado da súa procura constante da excelencia, a creatividade e a innovación; apostando pola formación continua e pola utilización de novas técnicas e tecnoloxías que lle permiten traballar desde a Costa dá Morte e que o seu traballo chegue a calquera punto do mundo.

Estas son as fotos marfileñas que, xunto a vimiancesa, serviron para que MR traia este novo premio á Costa da Morte.
Foto de Marcos Rodriguez en COsta de Marfil galardoada coa Golden Camera Europea 2019 2Foto de Marcos Rodriguez en COsta de Marfil galardoada coa Golden Camera Europea 2019

Máis novas

Comentarios