Mateo xa ten un carballo na gran Carballeira do Futuro de Bértoa
21 de marzo de 2022 (16:25 h.)
Este pasado sábado foi o Día do Bosque, e foron ducias de rapaces os que participaron nunha singular acción municipal. Un cento de carballos, fillos do Carballo de San Antón, a “árbore senlleira”, foron prantados por nenos e nenas nados en 2020 e 2021 no que xa é a gran Carballeira do Futuro, sita no polígono de Bértoa.
Unha carballeira que xa nacía o ano pasado e que continúa medrando, trasladando así á cidadanía a Estratexia Carballo 2030, como símbolo dun modelo urbano máis sustentable.
Son en total 397 nenos e nenas nadas neses anos os que darán o seu nome a cada árbore.
Novas relacionadas
- A Carballeira de Baio camiño do catálogo de Formacións Senlleiras.
- Proxecto Landras: O Cole que planta o bosque autóctono do futuro.
- Por cada nacemento, un novo “fillo” do Carballo Senlleiro de Vilar de Francos.