Mércores. 17.04.2024
El tiempo

Mateo xa ten un carballo na gran Carballeira do Futuro de Bértoa

DÍA DA ARBORE-en Carballo
Mateo xa ten un carballo na gran Carballeira do Futuro de Bértoa

Este pasado sábado foi o Día do Bosque, e foron ducias de rapaces os que participaron nunha singular acción municipal. Un cento de carballos, fillos do Carballo de San Antón, a “árbore senlleira”, foron prantados por nenos e nenas nados en 2020 e 2021 no que xa é a gran Carballeira do Futuro, sita no polígono de Bértoa.

Unha carballeira que xa nacía o ano pasado e que continúa medrando, trasladando así á cidadanía a Estratexia Carballo 2030, como símbolo dun modelo urbano máis sustentable.

Son en total 397 nenos e nenas nadas neses anos os que darán o seu nome a cada árbore.

DÍA DA ARBORE-4 Carballo

Novas relacionadas

Comentarios