Proxecto Landras: O Cole que planta o bosque autóctono do futuro
5 anos leva en marcha o singular Proxecto Landras en Laxe. Da man da Asociación Contramínate, e coa colaboración municipal, este proxecto de “Educación Ambiental para a mellora dos nosos bosques” continúa facendo unha labor encomiable no seo do CPI Plurilingüe Cabo da Area. Hai anos vimos como prantaban unha futura carballeira, e ao longo da semana pasada o alumnado de de 5º e 6º de Primaria do centro laxense estivo realizando a 5ª prantación do proxecto.
Foron 57 nenos e nenas os que plantaron árboles autóctonas no bosque da Insua. Este ano xa prantaran 20 bidueiros e durante as estas xornadas probaron con acivros, carballos, castiñeiros e algunha abeleira e nogueira.
Dende a propia entidade medioambiental recoñecen que “aínda que a Ínsua de Laxe non é o lugar idóneo para a plantación de caducifolias, os piñeiros conforman unha barreira protectora e as árbores alí plantadas desde o seu primeiro ano de vida, enraizan e medran vigorosas, como @s nos@s axudantes da escola de Laxe”.
Longa vida ao bosque da Ínsua.