As Meigas do Monte Neme alíanse contra os eólicos

Coa sombra dos eólicos sobre o Monte Neme (non tivo abondo coa desfeita mineira), a necesidade e as gañas de recuperar a zona para o uso e disfrute da cidadanía seguen aumentando. E un dos colectivos que máis está traballando pola posta en valor deste balcón natural sobre o Atlántico é Senda Nova.

O colectivo prepara, para a chegada do solsticio de verán, o Aquelarre na Eira das Meigas, unha cita de reivindicación ambiental, mesturada con troula e historia. A cita desenvolverase na noite do vindeiro 17 de xuño para manter viva a lenda do Monte Neme. O ano pasado foi Rosalía Fdez. Rial a que espantou as meigas malas. Veremos a quen lle toca este ano.

Novas relacionadas