Pola recuperación do cromlech do Monte Neme
Xa o contabamos hai un ano. E pasiño a pasiño, Bergantiños quere recuperar a historia do Monte Neme, aproveitando os traballos de recuperación que prometeu a Xunta despois da desfeita ecolóxica do pasado 2014.
Estes días, os compañeiros de historiadegalicia.gal recollen un interesante artigo de Íñigo Mouzo, sobre este misterioso monte bergantiñán. Mouzo define o Monte Neme como “un dos lugares máis descoñecidos pero sen embargo máis profusos no tocante á súa historia, misterio, lendas, así coma ás pegadas do actividade do home ó longo de todas as épocas”.
Un lugar xeoloxicamente excepcional, onde os gneis predominan sobre o granito, con gran preponderancia polo wolframio ou o estaño.Tanto que sinala Mouzo que “as orixes da actividade mineira no lugar poden estar vencelladas a épocas romanas, gregas ou fenicias”, estando a actual mina en funcionamento dende a Primeira Guerra Mundial, ata que en 2012, a quebra da empresa deixou o lugar en completo abandono.
Actividades mineiras no monte Neme-Foto-Íñigo MouzoUn cromlech
Mouzo destaca que “o principal referente monumental do monte, a Eira das Meigas, é de época paleolítica e é o que o insire máis profundamente nunha historia chea de misterio e de ficción popular. A Eira das Meigas ou Circo dos Xogos é un conxunto lítico conformado a xeito de círculo de pedras ou crómlech, un dos escasos exemplos que posuímos en Galicia de estas estruturas.”
”Por desgraza a Eira das Meigas se atopa practicamente destruída por mor da apertura de pistas para a actividade mineira na década de 1960”, explica un Mouzo que espera que poida ter cabida a recuperación histórica deste monte.
Non perdan o artigo completo:
- Historia de Galicia: Queren recuperar o monte que garda un Cromlech, cultos precristiáns e escuras minas.
- Setembro 2016: Uns traballos de rehabilitación garantirán a seguridade da canteira de Monte Neme.
- Novembro 2015: Piden un plan de recuperación da Eira das Meigas do Monte Neme
- 10-02-15: Un ano da desfeita do Monte Neme
- 02-09-14: Os propietarios do Monte Neme alegan contra o Plan de rexeneración presentado.
- 23-04-14: Denuncian que as augas tóxicas do Monte Neme poden causar alzheimer.
- 21-04-14: A Xunta confirma a toxicidade das augas do Monte Neme.
- 11-03-14: Valorados en 140.758€ os danos provocados pola rotura da balsa do monte Neme.
- 24-02-14: Asociacións e oposición alzan a voz contra a mina do Monte Neme e o comparan con Corcoesto.
- 13-02-14: Tragsa empezará a traballar de inmediato no Monte Neme.
- 12-02-14: A Xunta considera controlada a situación no Monte Neme.
- 11-02-14: A Costa da Morte sofre un pequeno Aznalcóllar.
- Redacción QPC ([email protected])
- Xunta