O Negociador séntase no Espiral Maior Foro
O sábado, día 17 de setembro, ás 12:00 h., terá lugar na sede de Espiral Maior Foro (Rúa do Sol, 34, baixo) unha sesión do Clube de Lectura sobre a novela “O negociador”, publicada por Edicións Xerais e obra do escritor e xornalista Miguel Sande (Pastoriza, Arteixo, 1961), quen estará presente no encontro lector carballés.
Miguel Sande, novelista, dramaturgo, poeta e xornalista, é autor de máis de 15 libros en diversos xéneros. No ano 1985 obtivo o Premio Nacional de Teatro Calderón de la Barca e foi tamén Premio de Teatro Rafael Dieste da Deputación da Coruña. Como poeta recibiu os premios Afundación e o Johan Carballeira do Concello de Bueu, e como novelista foi galardoado co Premio de Narrativa Repsol e o García Barros pola novela “A candidata”.
Novas relacionadas
- O Espiral Maior Foro convírtese tamén nunha Galería de Arte
- Diana Varela estrea os “Sábados Literarios” de Espiral Maior Foro.
- Espiral Maior Foro pon en marcha un "Clube de Lectura”.
- Miguel Anxo Fernán Vello impartirá un curso de poesía no Espiral Maior Foro.