Xoves. 06.10.2022
El tiempo

O Espiral Maior Foro convírtese tamén nunha Galería de Arte

Resiliente-GOSIA TREBACZ-Carballo
O Espiral Maior Foro convírtese tamén nunha Galería de Arte

Segue sumando aristas culturais o Espiral Maior Foro. Trala estrea dos “Sábados Literarios” con Diana Varela, a posta en marcha do Club de Lectura, o curso de poesía impartido polo propio Miguel Anxo Fernán Vello ou as numerosas presentacións literarias, únese agora a arte.

Este xoves, día 24 de marzo, ás 19:30 h., o Espiral Maior Foro (Rúa do Sol, 34) convírtese en Galería de Arte coa inauguración da exposición “Resiliente. Aquí e agora”, da pintora polaca Gosia Trebacz. Acompañarán á artista no acto de inauguración a directora da Fundación Luís Seoane, Silvia Longueira, e o escritor e director de Espiral Maior Foro Miguel Anxo Fernán Vello.

No transcurso do acto participará tamén, a través dunha “intervención sonora”, o músico e artista interdisciplinario carballés David Torres.

A poeta Eva Veiga tense referido a Gosia Trebacz (Cracovia, Polonia, 1971), como unha artista que “desmonta convencións e abre fiestras a unha tenaz e consciente exploración do espazo e das formas á fin de expresar máis auténtica e profundamente a súa propia experiencia existencial e artística”.

GOSIA TREBACZ 1

Novas relacionadas

comentarios