Martes. 23.04.2024
El tiempo

Diana Varela estrea os “Sábados Literarios” de Espiral Maior Foro

Sabados-literarios-Carballo-Diana-Varela-Puñal (1)
Diana Varela estrea os “Sábados Literarios” de Espiral Maior Foro

Fantástica a aposta de Miguel Anxo Fernán Vello por dinamizar a vida cultural carballesa dende o seu Espiral Maior Foro (Rúa do Sol, 34, baixo). Ás presentacións (polas que teñen pasado ultimamente Miguel Anxo Mato Fondo, Miro Villar ou Rivadulla Corcón) xa se uniu o Clube de Lectura. Desta volta, para continuar apostando pola programación continua, Espiral Maior estrea os “Sábados Literarios”.

Faino este mesmo sábado, día 19 de marzo, ás 12:00 h., coa presentación da novela “A conxura” (Premio Xosé Neira Vilas de Novela 2020), publicada por Edicións Embora e obra da poeta, narradora, dramaturga e avogada cormelá Diana Varela Puñal.

Participarán no acto, ademais da autora, o avogado, político e escritor, natural de Coristanco, Xosé Antonio Andrade, e mesmo director de Espiral Maior Foro.

”Os actos do ciclo “Sábados Literarios”, que terán lugar en xornada matinal, permitirán celebrar a creación literaria galega do noso tempo, así como recoñecer e estudiar obras e autores da literatura galega contemporánea que por diversas razón poidan non estar agora mesmo de actualidade”, explica Fernán Vello.

Novas relacionadas

Outras actividades en Carballo

Comentarios