Sábado. 20.04.2024
El tiempo

Novas prazas para o Ensino Básico de Adultos no IES Parga Pondal

IES Parga Pondal
Novas prazas para o Ensino Básico de Adultos no IES Parga Pondal

Nova oportunidade para as persoas adultas que non puideron completar os estudos primarios. O IES Isidro Parga Pondal, centro de referencia para a educación de adultos dende o nivel máis básico ata ESA, Bacharelato, ou mesmo a formación online da Aula Mentor, lembra que o prazo de matrícula está aberto durante todo o ano.

O Centro ofrece nivel I e nivel II. O NIvel I equivalería a 3º curso de Primaria, nun programa de formación flexible e adaptado ao alumnado, sen exames e, ademais, de balde.
O nivel II, que sería semellante a rematar a Primaria, permitiría consolidar as técnicas de lecto-escritura, cálculo e coñecemento do medio social e natural coa finalidade de acceder á educación secundaria para persoas adultas (ESA) ou seguir con garantías cursos de cualificación profesional. Coma no caso anterior, trátase dun ensino presencial, voluntario e gratuíto.

 

Comentarios