Luns. 29.04.2024
El tiempo

A posta en marcha dun novo campamento turístico nas Saíñas dá conta do potencial do litoral carballés

Un dos areais de Baldaio
Un dos areais de Baldaio
A posta en marcha dun novo campamento turístico nas Saíñas dá conta do potencial do litoral carballés

Segue medrando o sector hostalerio arredor do potencial turístico do complexo Razo-Baldaio. Así se demostra coa aprobación dunha nova licenza para o proxecto de construción dun campamento de turismo no lugar das Saíñas (Noicela), a poucos quilómetros do litoral carballés.

Reflexo deste impulso turístico é tamén outra cifra: Desde o ano 2020 foron tramitadas pola Oficina Técnica Municipal máis de 12 licenzas para a construción de establecementos de hostalaría e turismo na zona costeira.

Neste caso, o proxecto presentado, que suporá un investimento de máis de 450.000 euros, prevé a execución dun campamento de turismo formado por 10 módulos estables e unha zona de acampada con 20 prazas, ademais dunha edificación con recepción, cafetería, aseo e almacén, e outra auxiliar para servizos, piscina e 10 prazas de aparcadoiro.
A parcela ocupa unha superficie total de 9.900 metros cadrados, e o proxecto conta coas autorizacións preceptivas de distintos departamentos autonómicos así como con informe previo de Turismo de Galicia para a instalación dun campamento de turismo de tres estrelas.
 

Así o anunciaba hoxe o Concello de Carballlo tras unha Xunta de Goberno na aprobaban tamén 2 naves industrais no parque empresarial de Bértoa para destinalas a carpintería metálica e mecanizado de pezas de aluminio

Comentarios