Venres. 19.04.2024
El tiempo

Novos cursos para axudar aos maiores a usar os móbiles en Noicela

Curso de telefono mobil para maiores en Noicela coa Cruz Vermella de Carballo
Imaxe de arquivo dun curso de teléfono móbil para maiores en Noicela
Novos cursos para axudar aos maiores a usar os móbiles en Noicela

Este martes 13 de setembro comezará na parroquia de Noicela un novo curso para facilitar ás persoas maiores o manexo dos teléfonos móbiles. A Concellaría de Terceira Idade retoma deste xeito unha actividade que tivo moitísima demanda na súa primeira edición, no ano 2019.

Despois dos celebrados en Sofán e Lema, hoxe martes arrinca un novo curso no centro social de Imende, no que participarán 15 veciñas e veciños das parroquias de Noicela, Rebordelos, Lema e Vilela. Neste caso as prazas están completas, pero no caso de que existise máis demanda organizaríase un segundo grupo. Da formación encargarase, unha vez máis, voluntariado da Cruz Vermella de Carballo.

As persoas interesadas poden anotarse de xeito telemático a través da páxina web www.carballo.gal e tamén de forma presencial na Biblioteca Rego da Balsa ou poñéndose en contacto co seu consello parroquial de referencia.

Despois do curso en Imende, que se celebrará os días 13, 14 e 20, o xoves 22 comezarán outro en Carballo, no mesmo horario de 16.00 a 18.00 horas, na Biblioteca Rego da Balsa.

Comentarios