Novos cursos para desempregad@s en Carballo

Ademais das 20 persoas que se formarán en atención sociosanitaria a dependentes no obradoiro dual de emprego “Carballo Coida”, o concello carballés acollerá este curso outras 4 accións formativas para persoas desempregadas. Serán un total de 60 alumnos/as os que participen en cursos de carpintaría, soldadura, telecomunicacións e cociña:
- Cociña: 828 horas
- Operacións auxiliares de montaxe de instalacións electrotécnicas e de telecomunicacións en edificios: 458 horas
- Soldadura con eléctrodo revestigo e TIG: 758 horas.
- Montaxe de mobles e elementos de carpintaría: 538 horas.
As persoas que precisen máis información poden dirixirse ás oficinas municipais do Fórum, previa cita no 981709010.
Pavillón
O pavillón do complexo deportivo Carballo Calero xa está operativo tras as obras de mellora realizadas na fachada e na cuberta co obxectivo de solucionar os problemas de filtracións de auga, humidades e condensación que viñan afectando nos últimos tempos ao desenvolvemento da actividade deportiva.