O centro de saúde de Carballo leva mes e medio sen facer retinografías
08:15 18/04/17
Centro de Saúde de Carballo
Dende hai mes e medio non se realizan retinografías no centro de saúde de Carballo. Segundo informa a CIG-Saúde, este servicio non se está cubrindo porque a persoa encargada de realizar a proba está de baixa "sen ser substituída polo Sergas", indican dende o sindicato.
A retinografía é unha proba diagnóstica na que explora o fondo do ollo e este servizo préstase no centro de saúde de Carballo para os doentes de oito concellos: A Laracha, Cerceda, Coristanco, Ponteceso, Malpica, Cabana de Bergantiños, Laxe e Carballo.
Segundo explican dende o CIG-Saúde este servizo non se presta dende principios do mes de marzo e cada semana comunícanlle ás persoas con cita que serán chamadas novamente unha vez que o servizo sexa restituído. No caso dos pacentes que chegan co volante do médico de cabaceira indícanlle que pregunten máis adiante pola súa cita.
Por este motivo, a CIG-Saúde solicita á xerencia da área sanitaria da Coruña a substitución inmediata do profesional encargado de realizar as retinografías no centro de saúde de Carballo, de xeito que se recupere o servizo para os pacentes destes oito municipios e se fagan as probas que se anularon ao longo deste mes e medio.
Novas relacionadas
- Abril 2017: O PSdG reclama que o goberno galego garanta as necesidades básicas no hospital de Cee
- Marzo 2017: O PSdeG respóndelle ao Sergas sobre as deficiencias do hospital Virxe da Xunqueira de Cee
- Marzo 2017: O PSdeG esixe que a Xunta tome medidas urxentes ante o desmantelamento do hospital de Cee
- Marzo 2017: A oposición pide explicacións sobre a concesión da cociña e a cafetería do HVdX
- Marzo 2017: Denuncian a nefasta xestión da cafetería e da cociña do Hospital Virxe da Xunqueira.
- Marzo 2017: PSOE, PP e BNG denuncian retrasos do alcalde para convocar o pleno que corrobore a xestión interesada da piscina municipal.
- Marzo 2017: O PSdG denuncia a paralización do desmantelamento encuberto do Hospital de Cee.
- Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)
- CIG-Saúde