Xoves. 28.03.2024
El tiempo

O concello de Carballo ensancha a pista que une Artes e Ardaña

O concello de Carballo ensancha a pista que une Artes e Ardaña
As doazons dos terreos por parte dos veciños e veciñas de Artes e Ardana permitiron a ampliacion da pista As doazóns dos terreos por parte dos veciños e veciñas de Artes e Ardana permitiron a ampliación da pista Estes días púsoxelle fin a unha demanada histórica dos veciños e veciñas de Artes e Ardaña grazas á ampliación da pista que separa ambas parroquias carballesas. O acordo acadado polo goberno municipal do BNG cos propietarios dos terreos situados a ámbolos lados permitiu ensanchar a pista e acadar unha maior amplitude no cruce de Artes, onde, grazas ás cesións, foi posible cambiar o emprazamento da marquesiña e do colector do lixo. Pero, sobre todo, materializouse unha mellora especialmente importante para o transporte escolar. O alcalde, Evencio Ferrero, e o concelleiro de Obras e Servizos, Luis Lamas, visitaron a obra, xa rematada, e agradeceron aos propietarios dos terreos a súa xenerosidade e a súa boa disposición para poder levar a cabo unha actuación que beneficia a toda a poboación. Fonte

Comentarios