Sábado. 20.04.2024
El tiempo

O gabinete xurídico de Vieiro describe o seu usuario tipo para abrir as súas portas

O gabinete xurídico de Vieiro describe o seu usuario tipo para abrir as súas portas

Directiva da asociacion aDirectiva da asociacion antidroga Vieirontidroga Vieiro Directiva da asociacion antidroga Vieiro Despois de facer público o perfil do seu usuario tipo, a Xunta Directiva de laAsociación Vieiro deu a coñecer o balance correspondente ao ano 2018 do Servizo de Atención Xurídico-Social destinado a aquelas persoas afectadas por calquera problemática xurídica derivada de condutas adictivas. Un programa, “A Defensa Xurídica dos Toxicómianos, menores e familias”, que serve para orientar aos adictos a unha xusta defensa, e que acepta persoas dos concellos das comarcas de de Bergantiños, Soneira, Fisterra e Xallas, unha poboación estimada de 106 persoas.

Perfil tipo

Das 134 persoas atendidas polo servizo xurídico da entidade, 124 eran homes, de 18 a 65 anos, cun baixo nivel de ingresos e de formación. Así, un 42% son parados, e máis dun 50% dependente dunha prestación social ou de desemprego. Só un 25% son traballadores. O 65% son carballeses, o 8% de Camariñas, o 7% de Coristanco, o 6% de Ponteceso pero hai usuarios de practicamente toda a contorna. O 70% son solteiros, sendo case o 80% maiores de 35 anos. Case un 40% dos usuarios demanda personalmente o servizo, un 25,9% vén derivado doutros servizos e institucións dedicadas á prevención de condutas adictivas da Xunta de Galicia. O outro 25% son familiares e/ou amigos os que acoden a pedir información/orientación en materia xudicial.

Heroína

Se a cocaína é a droga máis habitual entre os usuarios do gabinete psicolóxico de Vieiro, a droga principal de consumo dos usuarios que demandaron atención xurídica no ano 2018 foi a heroína (37,4%), seguido dos usuarios/as que consumen heroína xunto con cocaína (23%). Tamén se detectan consumos de cocaína do 18%, alcohol 12,9% e Cannabis 8,6%. A vía de administración destas sustancias é de forma inhalada en case o 60% dos casos. A idade de inicio do consumo no 53% dos casos está comprendida entre os 19 e 24 anos de idade, seguida por un 33% de entre 15-18 anos. Ademais, o 47% están recibindo un tratamento de metadona.

Delitos de roubo, lesións e seguridade vial

O 30% dos delitos penais atendidos (a metade dos totais, os outros son administrativos), son por delitos de roubo; por riba dos delitos contra a seguridade vial (un 16%) ou de lesións (un 18%). A entidade congratúlase de que solventaron o 82% dos casos, mentres o 7% abandonou e outro 3% tivo que entrar en prisión.

Novas relacionadas

https://quepasanacosta.gal/home-cocainomano-de-entre-19-e-29-anos-o-perfil-mais-tratado-por-vieiro/

Comentarios