As obras polos máis de 3 millóns de remanente, xa en marcha en Carballo
Xa están en marcha todas as obras aprobadas polo Concello de Carballo con cargo ao remanente de tesourerías do 2019. 3,4 millóns de euros que o Concello pode usar gracias á suspensión das regras fiscais para o período 2020-21 por parte do Goberno do Estado, evitando así a famosa Lei Montoro que impide dende hai anos que os Concellos empreguen o que aforren.
Estas son as obras que están en marcha:
• Accesibilidade en beirarrúas da zona A Milagrosa e a Avenida Ponte da Pedra. Orzamento: 216.519,94 euros. Adxudicada a Excavaciones y Obras Candal na Xunta de Goberno Local do 12 de abril. En execución.
• Rede de saneamento e abastecemento de agua en Cambre e Outeiro (Lema) e Cambrelle (Razo). Orzamento: 416.971,86 euros. Adxudicada a Vázquez y Reino na Xunta de Goberno Local do 12 de abril. A piques de comezar.
• Reforma do centro social do barrio da Milagrosa. Orzamento: 147.317,86 euros. Adxudicada á empresa Covisam Norte na Xunta de Goberno Local do 26 de abril. En execución.
• Substitución de cuberta e revestimento da fachada do pavillón deportivo “Carballo Calero”. Orzamento: 255.312,90 euros. Adxudicada na Xunta de Goberno Local o 26 de abril. En execución.
• Rede de saneamento e abastecemento de auga aos lugares de Leboreo, Requeixo e A Rega, na parroquia de Bértoa. Orzamento: 368.311,59 euros. Adxudicada na Xunta de Goberno Local do 21 de xuño a Vázquez y Reino.
• Reforma do mercado, 2ª fase. Orzamento: 101.068,12. En licitación. Adxudicada na Xunta de Goberno Local do 7 de xuño á empresa Desarrolla Obras y Servicios.
• Seguridade no polígono industrial de Bértoa. Orzamento: 181.000 euros. En fase de evaluación das ofertas presentadas.
• Ampliación do cemiterio municipal, 1ª fase. Orzamento: 699.520,70 euros. En fase de evaluación das ofertas presentadas.
• Reforma parcial dos almacéns municipais da Cristina para almacén-garaxe de Protección Civil. Orzamento: 82.516,43 euros. En fase de evaluación das ofertas presentadas.
• Reurbanización da rúa Pontevedra. Orzamento: 151.344,30 euros. Aberto o prazo de presentación de ofertas ata o 26 de xullo.
• Reurbanización das rúas Ourense e Baños Vellos. Orzamento: 294.631,77 euros. Aberto o prazo de presentación de ofertas ata o 26 de xullo.
• Reforma do Pazo da Cultura, 1ª fase. Orzamento: 428.600,63 euros. Aberto o prazo de presentación de ofertas ata o 5 de xullo.
Carballo sostible
O único investimento que queda pendente, xa que depende da consecución de fondos europeos para o proxecto “Carballo Sostible: Enerxías renovables e eficiencia enerxética nos edificios públicos”, serían os 68.000 euros correspondentes á achega municipal para a execución das actuacións previstas, que suman outros 2 millóns de euros.
Obras da Fonte de Razo
O acondicionamento da Fonte de Razo forma parte da mellora dos servizos das praias
Nos últimos días, operarios do servizo de limpeza viaria están a levar a cabo unha serie de actuacións encamiñadas a poñer en valor o conxunto etnográfico existente no Rego de Oza. Comezaron coa limpeza e o lavado de todos os elementos que o integran, a retirada de vexetación, e o acondicionamento e pintado da parede, ao que dedicaron a xornada de hoxe, como se aprecia na imaxe. E ademais está prevista a restauración do mural de barro que decora o espazo.