Martes. 19.03.2024
El tiempo

A ONCE reparte 640.000 euros en Carballo: “Menudo petardazo”

Rua Coruna Carballo
Juan Antonio Lamas Becerra ten o seu posto fixo na Rúa Coruña
A ONCE reparte 640.000 euros en Carballo: “Menudo petardazo”

Menuda alegría acaba de levar Juan Antonio Lamas Becerra. Máis alegría levarán os 5 portadores dos cupóns gañadores de grandes premios da ONCE, pero para este vendedor é todo un fito. “Acábamo de comunicar hai 10 minutos”, relátanos á nosa chamada. “A verdade é que á persoa que me chamou lle preguntei que bebera, porque non o cría”, cóntanos xa situado na Rúa Coruña, no seu posto fixo pero abrigado nun portal da chuvia constante de hoxe.

Os premios son “un bo petardazo”, como el mesmo califica. Hai 5 cupóns gañadores no sorteo do martes, 29 de novembro, que 4 levan 35.000 e 1 que leva leva eses 35.000 pero outros 500.000€ de máis.

Becerra, persoa que é cega total, superou hai 3 anos un forte accidente que o mantivo na UCI durante varias semanas. Agora disfrutará desta xornada, malia que xa ten na cabeza como vai atender a toda atención mediática coa pouca batería que ten no móbil.

Comentarios