Venres. 11.10.2024
El tiempo

Os máis novos traballan sobre o Carballo "de mañá"

Os máis novos traballan sobre o Carballo "de mañá"
cidade-do-mana-carballo Máis de 30 nenos e nenas iniciaron onte o obradoiro de urbanismo e patrimonio "A ciade do mañá" Onte arrancaba en Carballo un novo obradoiro dirixido aos mais novos. O urbanismo e o patrimonio son os principais elementos sobre os que xiran esta diferente iniciativa promovida desde a concellería de Planificación e Mobilidade Urbana en colaboración co Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia, a Escola Técnica Superior de Arquitectura, a asociación para a Defensa do Patrimonio Cultural Galego e Post Arquitectos, coa que pretenden estimular unha actitude crítica para que os nenos e nenas comecen o seu desenvolvemento coma cidadanía activa, xa que eles e elas serán os/as responsables do Carballo do futuro. O río Anllóns, o centro comercial Bergantiños, a biblioteca Rego da Balsa, a tenda de xeados, o colexio e a feira son algúns dos elementos naturais, arquitectónicos e sociais imprescindibles no Carballo actual para os nenos e nenas de hoxe. Deixárono ben claro cando o equipo de monitores/as do obradoiro de urbanismo e patrimonio "A cidade do mañá" lles preguntaron que lle ensinarían a unha persoa que non coñece Carballo. Explicárono, pero, sobre todo, debuxárono, plasmando así sobre o papel como se ve Carballo desde a óptica de máis de trinta nenos e nenas que teñen entre 5 e 12 anos de idade. cidade-mana-carballo Os participantes debuxaron como ven eles Carballo no que a actividade comercial ten un espazo importante Na primeira sesión, na que recibiron a visita da concelleira Milagros Lantes, ademais de debuxar eses elementos imprescindibles para eles e elas, os nenos e nenas realizaron un percorrido urbano no que foron enmarcando cun marco xigante e fotografando algúns deles. Chama a atención a importancia que ten o comercio para os/as participantes (debuxaron supermercados, ópticas e tendas de todo tipo) fronte a elementos tan singulares coma o balneario, cuxa existencia algúns nin sequera coñecían. A praza do Concello, onde se desenvolve o obradoiro, converterase ata o venres nun campo de xogos e de aprendizaxe. Hoxe, entre outras actividades, probarán diferentes texturas no chan e utilizarano como soporte para os seus proxectos. Novas relacionadas Fonte

Comentarios