Martes. 23.04.2024
El tiempo

Piden a actuación da Valedora do Pobo pola vulneración de dereitos sindicais no Concello de Carballo

Casa do Concello de Carballo
Piden a actuación da Valedora do Pobo pola vulneración de dereitos sindicais no Concello de Carballo

Volve a agrupación de funcionarios/as A Alternativa denunciar a “vulneración continua dos dereitos sindicais na nosa administración”. Vén, incluso, de enviar un escrito á Valedora do PObo, para que interpele o Concello de Carballo pola situación, que define así: “As relacións laborais no noso ente local quedaron reducidas a unha negociación a dúas partes que non repara nin na legalidade nin na participación da xente”.

A agrupación denuncia que “o goberno se senta a pactar todo con dous representantes sindicais que se outorgaron e a quen lles concederon plenos poderes, non se sabe baixo que dereito nin elección, creando todas as ficcións necesarias (incluso inventándose cargos non previstos na lexislación, como o de vicepresidente da Xunta de Persoal) e obviando todas aquelas normas que non lles son de agrado. As voces que poden non ser da súa estima, directamente, non son escoitadas, xa nin falamos de que sexan tidas en conta”.

Lembran que “a Xunta de Persoal, que tiña que reunirse cada mes ou cada dous meses, leva máis dun ano sen convocarse”, e que “a Mesa de Negociación do Persoal Funcionario, prevista no Acordo regulador aprobado por goberno e maioría sindical, que tiña que reunirse cada seis meses, non se convocou nunca (cando xa van facerse tres anos da publicación desta norma)”.

A Agrupación, que recibiu o voto do 30% do electorado que participou nas últimas eleccións sindicais, reclama, pois, amparo da Valedora do Pobo.

Comentarios