Martes. 23.04.2024
El tiempo

Piden unha reforma integral da carballesa Avenida de Fisterra

As obras das rúas Ourense e Baños Vellos permitirán recuperar as trazas das antigas termas romanas
plano_balneario Carballo Manolo Eirin
Así é a peza escultórica de Manolo Eirín que representa un plano do balneario realizado en 1777
Piden unha reforma integral da carballesa Avenida de Fisterra

É a arteria principal do núcleo urbano de Carballo, e todo o mundo quere adecuala aos novos tempos e ao novo urbanismo carballés. Hai varias ideas en mente, e por exemplo, o PP carballés pide a creación dun proxecto para a reforma integral para Avenida de Fisterra. Aseguran que a Xunta ten xa unha proposta para de máis de 1 millón de euros en construír unha senda pero parece non coincidir cos intereses municipais.

Por outro lado, o Concello vén de facer unha visita ás obras na contorna do balneario, que avanzan favorablemente incluíndo ademais proxectos paralelos de posta en valor, e que servirán para rescatar unha parte fundamental da nosa historia recuperando as trazas das antigas termas romanas.

Por exemplo, o artesán carballés Manolo Eirín fixo unha recreación en cerámica o plano das ruínas do balneario romano realizado polo arquitecto compostelán Miguel Ferro Caaveiro durante a escavación do ano 1777, e que foi recollido por Gregorio Casado González e Rosa María Franco Maside, da Universidade de Santiago, na súa investigación “O balneario romano de Carballo segundo as fontes do Arquivo do Areino de Galicia”.

Comentarios