Venres. 26.04.2024
El tiempo

A Policía Local Carballo espalla a seguridade social nas escolas

ceip_bergan_seguridade_viaria coa Policia Local de Carballo
A Policía Local Carballo espalla a seguridade social nas escolas

Días de apertura na Policía Local de Carballo. Así o comprobaron os cativ@s de 1º Primaria do CEIP Bergantiños que disfrutaron esta mañá de martes dunha xornada de seguridade vial. Os axentes da Policía Local e o persoal do Club Ciclista Carballo ofreceron aos nenos as claves para circular con seguridade, tanto a pé coma en bicicleta, e despois tiveron a ocasión de levar á práctica as ensinanzas nun circuíto de seguridade viaria.

ceip_bergan_seguridade_viaria

Dende a Concellería de Mobilidade invitan aos centros de ensino a aproveitar estas xornadas puidendo solicitalas en [email protected].

Non remata aquí a participación da rapazada nestas accións, pois hoxe mércores estarán na carreira Enki que promove inclusión e a visualización de colectivos e persoas con diversidade funcional, así como o respecto e a educación na diversidade.

Dous novos Policías Locais

toma_posesion_policias locais Carballo

Jesús Manuel Valiña Parga e Adrián Puga Remuiñán forman parte dende onte do plantel da Policía Local de Carballo.

Así, o equipo de profesionais da Policía Local queda formado por 23 axentes e 4 oficiais, ademais dos auxiliares que prestan servizo ao longo do ano. Nestes momentos está pendente o nomeamento dun terceiro axente. A outra praza que falta ata completar as 25 que integran o plantel da Policía Local corresponde a unha axente que está traballando noutro concello en comisión de servizos.

Comentarios