Mércores. 09.10.2024
El tiempo

Queremos Galego convida a Bergantiños a manifestarse o 17 de maio en Compostela “por un novo futuro para a lingua”

Queremos Galego Bergantiños
Queremos Galego convida a Bergantiños a manifestarse o 17 de maio en Compostela “por un novo futuro para a lingua”

Representantes da plataforma cidadá Queremos Galego, estiveron este venres en Carballo animando a participar o 17 de maio na manifestación que se vai celebrar nas rúas de Compostela co gallo do Día das Letras Galegas.
O coordinador de Queremos Galego en Bergantiños, Xosé Cotelo, recordou na presentación que todos os avances para o galego se conseguiron pola “perseverancia e polo esforzo do pobo galego”, como a incorporación do galego ao catálogo de Netflix ou a recente sentenza do TSXG contra Facenda por atacar os dereitos lingüísticos dun cidadán galego. Cotelo advertiu que “a sociedade galega está soa, sen institucións que a amparen na defensa da lingua” e salientou que “é hora de que isto mude e os poderes públicos, comezando polo novo presidente da Xunta, abandonen a súa política de agresión sistemática ao galego e comecen a exercer a súa responsabilidade na defensa dos intereses de Galiza e da súa lingua”.

Comentarios