Venres. 26.04.2024
El tiempo

A rapazada bergantiñá poderá aprender sobre Intelixencia Artificial na nova academia Maker de Carballo

VermisLAB ofrece actividades extraescolares para nenos e nenas de 4 a 16 anos coa Intelixencia Artificial como un dos contidos transversais
Maker carballo 3
A rapazada bergantiñá poderá aprender sobre Intelixencia Artificial na nova academia Maker de Carballo

Xa pasaron este verán cos seus laboratorios móbiles polo Ézaro ou Muros. Pero desta volta chegan á comarca para quedar. A empresa VermiLab abre unha das súas academias fixas en Carballo, coa infindade de posibilidades de formación científica para as nosas criaturas.

Explican que “a Intelixencia Artificial é un dos eidos que desde a consellería de educación queren potenciar nos próximos anos”, por iso esta academia opta por “incorporala de xeito transversal en todas as súas asignaturas e para todas as idades”. Consideran “fundamental achegar esta tecnoloxía o antes posible ós máis pequenos e facelo dun xeito responsable, xa que a nosa interacción con ela vai a ser constante e o futuro da humanidade pasa polo seu bo desenvolvemento e uso”.

Así, en horario de tarde un día da semana, para os máis pequenos, de 4 a 8 anos, a principal oferta é MiniMakers, unha actividade na que desenvolverán a intelixencia emocional, o pensamento creativo ou o traballo en equipo a través da experimentación, incorporando as novas tecnoloxías como a robótica, a programación ou a impresión 3D á elaboración de proxectos durante o curso.

Para os maiores a partir de 8 anos se ofrecen dúas actividades, dunha banda GameMakers que ten como obxectivo a creación de videoxogos en diferentes plataformas dixitais, prestando atención á etica, o relato, a parte artística coa fotografía e, por suposto, a programación dos xogos por parte dos propios rapaces e rapazas. E por outra banda a actividade Makers, na que aprenderán a utilizar todas as ferramentas necesarias para desenvolver proxectos reais de robótica, electrónica, programación ou impresión 3D, sempre desde un punto de vista divertido, práctico e coa intención de mellorar a vida das persoas.

Todas as actividades impártense en Maker Store by Allnet (situada na Rúa Río Anllons, 2-4, Baixo, en Carballo), por un equipo profesores e profesoras formadas específicamente para o proxecto, ademais, as actividades realízanse en grupos reducidos para unha mellor atención individual. Se queres saber máis información sobre este proxecto podes visitar a súa páxina web (vermislab.com) ou contactar con eles chamando ao 881251572.

Novas relacionadas

Comentarios