A rapazada de Carballo coñecen a Biblioteca Rego da Balsa
Tan importante como ofrecer servizos á mocidade, é ensinarlle a usalos e aproveitalos. E nesa liña se desenvolve xa a nova serie de visitas guiadas á Biblioteca Rego da Balsa que o Concello de Carballo artella para a rapazada de 6º de educación infantil e 1º de primaria.
Dous grupos do CEIP Fogar abriron as actividades, que se prolongarán toda a semana ata completar todos os centros do concello. Serán un total de 560 escolares (dos CEIP Bergantiños, Fogar, A Cristina, San Luís Romero, Artai, Gándara-Sofán, Nétoma-Razo e CRA Ponte da Pedra) entre entre 5 e 6 anos os que empecen a familiarizarse con este recurso cultural, único na Costa da Morte.
Son os ratiños de Lonxedetodo, compañía teatral Trinketrinke, os que realizan a visita.
Outras propostas
A Biblioteca Rego da Balsa comezou o curso este mes con dúas actividades para bebés de 6 meses a 3 anos de idade que resultaron todo un éxito, e xa están preparando as habituais sesións quincenais da compañía Trinketrinke, que volverá en novembro para acompañar á cativada de 4 a 8 anos ao longo do curso coas historias para contar e cantar dos Ratos de Lonxedetodo.