Xoves. 25.04.2024
El tiempo

A rapazada de Carballo sacou a bici polo Día do Medio Ambiente

BIci en Carballo polo dia do Medio Ambiente
BIci en Carballo polo dia do Medio Ambiente
A rapazada de Carballo sacou a bici polo Día do Medio Ambiente

Este ano o Concello de Carballo concentrou a celebración do Día do Medio Ambiente co CEIP Fogar, facéndoo coincidir ademais co Día Mundial da Bicicleta.

PA Concellaría de Mobilidade organizou unha xornada de mobilidade sostible coa colaboraron a Policía Local, Protección Civil e o Club Ciclista Carballo. A celebración desenvolveuse ao longo de toda a mañá, cunha primeira formación teórico-práctica nun circuíto de tráfico habilitado no patio, e unha saída pola contorna do cole na que os nenos e nenos tomaron as rúas con bicicletas, patinetes e a pé, facendo seu o espazo que habitualmente ocupan os automóbiles e, nesa zona especialmente, os vehículos pesados.

BIci en Carballo polo dia do Medio Ambiente.jpeg

Comentarios