Sábado. 27.07.2024
El tiempo

A Rede de Decrecemento de Carballo propón a creación dun novo medio de comunicación

Encontro Decrecemento Carballo
A Rede de Decrecemento de Carballo propón a creación dun novo medio de comunicación

Este sábado 18, ás 17 horas no Casino1889, a Rede de Decrecemento de Carballo celebra unhas xornadas arredor da comunicación.

"Son moitas as persoas que nos teñen manifestado a súa necesidade de dispor de medios de comunicación propios onde expresar os seus pensamentos e inquedanzas (artisticas, culturais, filosóficas, políticas, ecolóxicas ou de calquer outro tipo ou área)", explican.

Neste senso existe actualmente un grupo de persoas traballando arredor da produción de podcast e a idea é conseguir completar ese traballo coa edición dun ou varios formatos impresos tipo fanzine. A convocatoria abrangue pois a tódalas persoas interesadas, tanto en sumarse e ampliar ós grupos de podcast existentes, como á edición dende cero dunha publicación tipo fanzine. 

Comentarios